
.jpg)
DESNIVEIS
PRODUTOS CON DESEÑOS INSPIRADOS EN GALICIA
MAPAS ILUSTRADOS
En Desniveis poderás atopar dúas coleccións de mapas que mesturan cartografía e ilustración cun estilo propio, con trazos e cores que transforman os mapas nunha peza decorativa con carácter.
Por un lado, os Mapas das Illas Atlánticas, o produto co que comezamos este proxecto e que representa as catro illas do Parque Nacional.
E por outra banda, a nosa última incorporación: os mapas personalizados, onde poderás elixir calquera recuncho de Galicia.
DESEÑOS DE FAROS DAS RÍAS BAIXAS
A beleza e simbolismo dos faros inspiraronnos para a creación de diferentes produtos nos que os protagonistas son algúns dos faros máis coñecidos das Rías Baixas.
Nesta colección atoparás ilustracións, postais, chaveiros e tote bags con deseños propios.
XOGO DE MESA ·RECORDA·
Non todo ía ser decoración e moda! En Desniveis traémoste tamén un anaco de diversión con Recorda, o clásico xogo de memoria que agora che convida a viaxar por Galicia. Recoñece festas, tradicións e lugares emblemáticos mentres poñes a proba a túa memoria con este entretido xogo de cartas ilustradas.








_edited_edited.jpg)