Nesta páxina poderás atopar diferentes packs de postais. As postais de faros da colección Ardentía, as postais especiais da Illa de Ons e as postais dos mapas das Illas Atlánticas.

 Nas postais da colección Ardentía facemos unha reinterpretación dos faros que aparacen nas ilustracións: Faro de Cabo Home, Faro de Punta Robaleira, Faro de Ons, Faro de Sálvora e Faro da Porta.

Nas postais especiais da Illa de Ons quixemos representar elementos característicos desta fermosa Illa, onde tamén incluimos as postais do faro de Ons da colección Ardentía.

E a última incorporación a esta gran variedade de postais é o pack dos mapas das catro Illas Atlánticas, onde facemos unha reinterpretación dos nosos mapas náuticos das Illas da colección Mar Illado.

O tamaño das postais é de 10x15 cm e con impresión a dobre cara. Na cara traseira deixamos un espazo para unha pequena mensaxe, a información do remitente e destinatario, e un pequeno mapiña para localizar xeograficamente cada un dos elementos representados.