top of page

•MAPA BORDADO DE BUEU•

Este pequeno mapa de Bueu nace da colaboración entre Desniveis e Macatina onde se mestura o dixital e o artesanal.

Detrás de Macatina encóntrase Agustina, unha compañeira arquitecta que se encargou da parte máis artesanal: coa acuarela e o bordado marca as parroquias e delimita o territorio de Bueu.

Por outra banda, dende Desniveis encargámonos de conformar a parte dixital de producción do mapa, coas curvas batimétricas e os percorridos marítimos.

Este mapiña leva incluido consigo o marco de madeira.

bottom of page