top of page

Podes mercar calquera dos nosos produtos nesta web.

Pero ademáis temos a gran sorte de contar coas seguintes tendas, onde atoparás algúns dos nosos produtos á venda.

O noso punto de venda en Bueu.

Trátase dunha fermosa tenda de decoración e fogar onde atoparás dende artigos de decoración ata enxoval de cociña, ademáis de recordos dunhas bonitas vacacións. Todo escollido con moito gusto!!

Nesta tenda poderás atopar algúns dos nosos mapas náuticos en formato lenzo co marco náutico da colección Mar Illado, as postais dos faros da colección Ardentía e unha edición especial das ilustración dos faros desta mesma colección [ilustracións en tamaño 20x30 cm e co marco incluido].

Esta tenda atópase na Rúa Eduardo Vincenti, 27. Bueu.

O noso punto de venda en Cangas.

Trátase dunha acolledora tenda de decoración onde atoparás cousas fermosas para darlle un toque especial ao teu fogar!!

Nesta tenda poderás atopar algúns dos nosos mapas náuticos en formato lámina con ou sen marco da nosa colección Mar Illado, as postais dos faros da colección Ardentía e as ilustración dos faros desta mesma colección con ou sen marco.

Esta tenda atópase na Avenida de Montero Ríos, 14. Cangas.

O noso punto de venda en Pontevedra.

Trátase dunha bonita tenda de agasallos con identidade galega, onde atoparás produtos con encanto e historia, de artistas de Galicia que admiramos.

Nesta tenda poderás atopar algúns dos nosos mapas náuticos en formato lámina e en formato lenzo con marco náutico da nosa colección Mar Illado, e tamén todas as nosas postais e ilustracións dos faros da colección Ardentía.

Esta tenda atópase na Rúa Conde de San Román, 20. Pontevedra.

O noso punto de venda en Vigo.

Trátase dunha bonita "concept store", onde atoparás produtos de moda, deseño e artesanía, ademáis de ocio, cultura e educación.

Nesta tenda poderás atopar algúns dos nosos mapas náuticos en formato lámina e en formato lenzo con marco náutico da nosa colección Mar Illado, e tamén todas as nosas postais e ilustracións dos faros da colección Ardentía.

Esta tenda atópase na Rúa Eduardo Iglesias, 11. Vigo.

bottom of page