Preguntas frecuentes
1. o mapa en modelo lámina inclúe marco?
Non, o modelo en lámina non inclúe marco.
O modelo en lenzo inclúe o marco náutico feito a man coas madeiras e cordas.
2. que tamaño teñen os mapas?
Cíes, Ons e Sálvora tamaño A2, 42x59,4cm, están en orientación vertical.
Cortegada ten tamaño A3, 42x29,7cm, en orientación horizontal.
Estas dimensións correspondense o tamaño do mapa únicamente, é dicir, no caso dos mapas en lenzo con marco náutico estes serán un pouco máis altos.
3. facedes lugares e cores personalizados NOS MAPAS?
Non, de momento só temos as Illas Atlánticas. Os mapas están elaborados un a un tras un longo proceso de produción, estudando o territorio e mostrando o que nos parece máis interesante
As cores só temos as dispoñibles na web. Son cores elixidas tras facer probas de impresión, polo que preferimos non ter cores personalizadas para garantizar o producto.
4. que tamaño teñen as ilustracións dos faros?
Tamaño 30x40cm, e as temos en disposición vertical e horizontal :)
5. as ilustracións inclúen marco?
Non, as ilustracións dos faros non inclúen ningún tipo de marco.