top of page

•MAPAS PERSONALIZADOS•
En Desniveis dámosche a oportunidade de converter o teu lugar favorito de Galicia nun mapa ilustrado único. Cun estilo propio e coidado, deseñamos cada mapa de forma personalizada, partindo do municipio ou comarca que ti escollas. O resultado é un recordo orixinal, que representa a túa relación cun territorio: as túas raíces, unha historia compartida ou simplemente ese recuncho especial co que te identificas.
Cada mapa elabórase individualmente, con estudo detallado do relevo, contornos e elementos característicos da zona, mantendo sempre a nosa estética náutica e ilustrada.
Podes escoller entre dúas paletas de cor segundo o teu estilo, e nós encargarémonos de transformar ese anaco de Galicia nun obxecto único, feito con mimo e identidade.
bottom of page



