top of page

Co novo mapa personalizado dos municipios galegos, dende Desniveis ofrecémosche a posibilidade de seleccionar calquera concello que queiras (xa sexa o teu pobo natal, un destino querido ou o lugar onde viviches momentos especiais), e nós elaboramos un mapa ilustrado exclusivo para ti con todo o mimo e estilo propio. Están TODOS os municipios galegos, incluídas as 7 grandes cidades.

 

Que inclúe:

  • Mapa cartográfico/ilustrado deseñado a medida para o municipio seleccionado, con atención ao relevo, contornos costeiros (se os hai), rutas principais, edificacións e outros elementos característicos do territorio.

  • Dúas paletas de cores dispoñibles: adaptámonos ao teu estilo (tons marítimos e naturais en verdes e azuis e tons máis chamativos en laranxas e vermellos).

  • Producción personalizada: o mapa faise “un por un” con estudo detallado do territorio, para asegurar que o resultado sexa fermoso, lexible e con personalidade.

 

Características técnicas:

  • O tamaño do mapa é de 40x50, adaptándose ás medidas estándar de marcos.

  • O marco non está incluido. O que recibirás será unha lámina en papel de alta calidade mate para que ti o poidas enmarcar como queiras.

 

Por que elixir este mapa personalizado?

 

  • É un xeito emotivo e visual de recoñecer o teu territorio, de plasmar raíces, historias ou afinidades.

  • Combina utilidade e arte: non só serve como mapa de orientación, senón tamén como obxecto decorativo con identidade.

  • Único: non é unha impresión estándar senón creada especificamente para ti, coas túas eleccións.

  • Co motor estético e a calidade de acabados de Desniveis: mantémonos fieis á nosa estética náutica/ilustrada, con rigor artístico e técnico.

 

• ENVÍO •

Consulta o prazo e prezos de envío no apartado de política de envíos e devolucións da nosa web.

Mapas personalizados - municipios galegos

40,00€ Regular Price
32,00€Sale Price

PROMO DE BENVIDA

Paleta de cores
0/170
Quantity
    bottom of page