Envíos e devolucións
política de envíos
PRAZOS DE ENVÍO
O prazo de entrega empeza a contar dende o día seguinte ao que se fai o pedido.
MAPAS:
O prazo de envío do mapa é diferente según o formato que escollas:
• LÁMINA: neste tipo de mapa o tempo de producción varía entre 7 e 10 días hábiles. A partir deste momento deixámolo en mans da empresa de transporte que tarda entre 24 e 72 horas en entregar o pedido.
• LENZO: neste tipo de mapa o tempo de producción é aproximadamente de 15 días hábiles. A partir deste momento deixámolo en mans da empresa de transporte que tarda entre 24 e 72 horas en entregar o pedido.
* Se necesitas que o mapa chegue antes destes prazos de envío, consúltanos e diremosche que stock temos dispoñible, sen compromiso.
ILUSTRACIÓNS, POSTAIS E SACAS DE TEA :
O tempo de producción varía entre 3 e 5 días naturais dende que realizas o pedido. A partir deste momento deixámolo en mans da empresa de transporte que tarda entre 24 e 72 horas polo que sempre damos 10 días de marxe dende que fas o pedido ata que chega á túa casa.
PREZO DO ENVÍO
Os prezos de envío varían dependendo dos produtos dos que se traten. En todo caso, cando se merque máis dun produto so se cobrará un único envío, o de maior coste, e cando o pedido supere os 70€ o envío será de balde.
No caso dos mapas da colección Mar Illado, o prezo do envío é de 6€.
O prezo do envío nas ilustracións e as sacas de tea é de 2€.
Nas postais o envío é de balde.
cambios e devolucións
Para proceder a cambiar ou devolver o teu pedido, deberás envialo no embalaxe orixinal e en perfecto estado. Dispós de 15 días dende a data de entrega do pedido. Para solicitar dita devolución debes escribir un correo electrónico a: infodesniveis@gmail.com indicando o número de pedido e o artigo para cambiar ou devolver. Os portes serán a cargo da persoa clienta e o reembolso realizarase no mesmo método de pago dende o que se realizou o pedido. Procederase ao reembolso no momento no que recibamos o paquete e verifiquemos que está no estado orixinal. Terás toda a información necesaria na resposta a ese correo.
En caso de que recibiras un produto en mal estado ou defectuoso por responsabilidade de DESNIVEIS, deberás comunicalo nun prazo de 5 días dende a recepción do teu pedido, enviando un correo a infodesniveis@gmail.com indicando o número de pedido e o artigo para cambiar ou devolver, explicando o problema e adxuntando imaxes con boa calidade do deterioro ou o defecto do produto. Pasado este prazo non se admite ningunha reclamación.
Unha vez comunicada a incidencia, procederase á recollida do produto e ao reembolso do pedido no mesmo método de pago, unha vez recibidos os artículos.